Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.242

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (212/1996).

En virtude do que acordou a maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas 212/1996, que se segue neste xulgado por furto, por medio da presente cédula cítase a Juan Carlos Bel Muñiz, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 26 de febreiro, ás 11.30 horas, compareza na sala de audiencias número tres, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio dos xulgados, rúa Viena, número 1-3, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolle saber que pode comparecer acompañado de avogado, e advertíndoo de que deberá facelo cos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica recaerán sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1997.

O secretario

Rubricado

757