Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 31 de xaneiro de 1997 pola que se establece unha liña de axuda para fomenta-lo control integrado dos patóxenos dos cultivos a través de agrupacións para tratamentos integrados en agricultura (ATRIAs).

As condicións específicas de climatoloxía e diversidade de cultivos e a estructura que os predios presentan, xeralmente de dimensións pequenas, son factores que inciden en gran medida na problemática que a sanidade vexetal presenta dentro da agricultura galega e que dificulta o labor de control dos fitopatóxenos.

A loita eficaz contra os axentes prexudiciais dos cultivos require a coordinación das accións que se realicen nas zonas afectadas, promocionando a formación de asociacións de agricultores que, mediante o establecemento de redes de seguimento de parasitos, efectúen as oportunas estimacións de risco para a determinación do momento adecuado para levar a cabo as actuacións conxuntas da loita.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Establécese unha liña de axudas para fomenta-lo control integrado contra as pragas e enfermidades

e a loita en común, mediante a constitución de asociacións para tratamentos integrados en agricultura (ATRIAs) que teñan por finalidade aplicar nun cultivo ou grupo de cultivos asociados, en razón das rotacións anuais da zona, as técnicas de loita integrada.

Artigo 2º

As actuacións para a aplicación das técnicas de loita integrada oriéntanse a estudiar:

-A fenoloxía do cultivo.

-Bioecoloxía das pragas.

-Limiares de tratamento segundo os estados fenolóxicos do cultivo.

-Métodos de tratamento máis rendibles e menos lesivos para o ecosistema.

Artigo 3º

Para poder acceder ás axudas previstas nesta orde, as ATRIAs deberán reuni-los seguintes requisitos:

1º. Constituírse dentro do seo de calquera das entidades con personalidade xurídica que poidan ter capacidade de contratación.

2º. Deberán ser constituídas libremente por un número mínimo de 10 agricultores, que integren unha superficie mínima suficiente para a mellor eficacia das técnicas de loita que van aplicar, e para que resulte económico o mantemento do técnico e demais equipamento utilizado pola asociación.

3º. Os agricultores subscribirán un regulamento de réxime interno, no que se exprese a aceptación das condicións que se establecen para cada cultivo ou grupo de cultivos asociados, e a decisión de constituír unha ATRIA. Así mesmo, indicaranse as super

ficies de cultivo proporcionadas por cada un dos membros, xunto co ámbito de actuación sinalado por escrito e un mapa que delimite as zonas.

4º. Constituirase unha xunta xestora que rexerá a devandita ATRIA, formada, como mínimo, por un presidente un secretario e un tesoureiro.

5º. Elaboración dun programa no que exporá o traballo técnico base que se vai realizar, tendo en conta os axentes nocivos e a metodoloxía da loita integrada.

6º. Subscribir un contrato laboral co técnico que dirixirá a loita contra as pragas nos cultivos que agrupa a ATRIA.

O técnico seguirá as directrices marcadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes á que deberá presentar, a través do presidente da agrupación, un informe anual dos traballos efectuados e dos resultados técnicos conseguidos.

Terán preferencia aquelas asociacións que teñan desenvolvido programas de defensa sanitaria dos cultivos, aprobados pola consellería durante un ano como mínimo.

Artigo 4º

A axuda económica que se lle conceda á ATRIA destinarase íntegramente a sufragar total ou parcialmente a retribución do persoal técnico contratado pola agrupación, para elaborar e dirixi-lo programa de control integrado dos cultivos, que se fixará anualmente como dispón o artigo 7º da Orde do 17 de novembro de 1989 do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, que regula este tipo de subvencións.

Esta axuda, na actualidade de ata 1.800.000 ptas. por ATRIA, poderá complementarse ata un total de 2.200.000 ptas. por ATRIA naqueles casos nos que estea xustificado, xa sexa pola pequena superficie da explotación individual, ou excesivo número de parcelas dos propietarios, ou ben pola escaseza de recursos das agrupacións consecuencia da estructura productiva do sector.

Artigo 5º

Dentro das ATRIAs terán prioridade na aprobación das subvencións aquelas que teñan contratado un técnico que reúna algún dos seguintes requisitos:

a) Maior de 25 anos de idade e que leve máis de 12 meses de paro.

b) Menor de 25 anos de idade.

Artigo 6º

As solicitudes, segundo modelo do anexo, e dos documentos que xustifiquen que se cumpren os

requisitos esixidos no artigo 3º, e se é o caso, do artigo 5º desta orde, presentaranse por duplicado, preferentemente nas delegacións provinciais da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, podendo, non obstante, presentarse en calquera das formas establecidas no artigo 38, apartado 4º da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º

O prazo de presentación das solicitudes rematará ós 30 días hábiles, contados dende o seguinte ó da publicación desta orde, que serán resoltas polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. A Consellería comunicará ós solicitantes no prazo de 90 días a aprobación ou denegación razoada da solicitude; na falta de comunicación no devandito prazo, entenderase desestimatoria da petición de axuda.

Artigo 8º

A aprobación da subvención farase seguindo os criterios técnicos e de interese do programa presentado, atendendo a maior repercusión deste e o número de agricultores integrantes da ATRIA.

Artigo 9º

A ATRIA presentará memoria xustificativa da realización do programa aprobado antes do 31 de outubro de 1997.

O pagamento da subvención efectuarase trala certificación correspondente de ter levado a cabo o devandito programa. Para estes efectos a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá pedi-los xustificantes que coide necesarios.

Artigo 10º

Esta orde financiarase con cargo ó concepto orzamentario 09-03-613.A-772.0 «Axudas ATRIAs» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1997 dotados con 10.000.000 de ptas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para a aplicación da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

571