Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Plásticos Ferro, S.L..

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Plasticos Ferro, S.L. (código 2700572), da provincia de Lugo, asinado o día 28 de outubro de 1996, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e presentado nesta delegación o 4-11-1996, así como modificación do mesmo, dando nova redacción ó artigo 9 do convenio colectivo, presentada pola comisión negociadora no Goberno Civil o 22-11-1996, e data de entrada nesta delegación do 25-11-1996, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 28 de novembro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio de empresa Plásticos Ferro, S.L., ano de vixencia 1996-1997

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo abranguerá tódolos traballadores do centro de traballo de Muras (Lugo) da empresa Plásticos Ferro, S.L., dedicada á fabricación de tuberías e accesorios para a conducción de fluídos, para a regulación das relacións laborais co persoal ó seu servicio, e estenderase, así mesmo, a calquiera outro centro de traballo que, relacionado coa actividade principal da empresa, puidese ter esta na provincia de Lugo.

Este convenio colectivo de traballo substitúe o anterior, publicado no BOP de Lugo co nº 227, con data 20 de setembro de 1995.

Artigo 2º.-Lexislación suplementaria.

No non previsto no presente convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións legais vixentes.

As condicións de traballo que nel se estipulan teñen o carácter de mínimas e na súa virtude serán

nulos os pactos e cláusulas que, individual ou colectivamente, impliquen condicións menos favorables para os traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, se ben os efectos económicos serán retroactivos ó primeiro de xaneiro de 1996. A súa duración será de dous anos, desde o primeiro de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1997.

O convenio deberá ser denunciado por unha ou ámbalas dúas partes cun mes de antelación ó remate da súa vixencia. No caso de ser denunciado, o convenio prorrogarase por un ano máis automaticamente, excepto na súa parte económica que se incrementaría con dous puntos por riba do IPC do ano 1997.

A denuncia do convenio non significará ningunha modificación no seu articulado, que se continuará aplicando ata a negociación do novo convenio.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible, e para efectos da súa aplicación práctica serán aplicadas globalmente.

Artigo 5º.-Ámbito persoal.

Este convenio abranguerá a totalidade dos traballadores, así como o persoal que ingrese na empresa durante a vixencia do convenio, que estean abranguidos no citado artigo 1º deste convenio.

Artigo 6º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo que fosen superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e a título individual.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo, segundo a lexislación vixente, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. A organización do traballo ten por obxecto alcanzar na empresa un nivel de productividade adecuado, baseado na utilización óptima dos recursos humanos e materiais. Isto é posible cunha actitude activa e responsable das partes integrantes, dirección, traballadores e comité de empresa.

Sen mingua da facultade aludida no parágrafo 1 deste artigo, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta, emisión de informes etc., no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente, e especialmente de acordo co regulamentado no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Roupa de traballo.

Entregaránselle ó persoal dúas pezas de roupa de traballo, fundas, batas, ou chaquetas curtas, dependendo do posto de traballo, por ano. A conservación e limpeza das ditas pezas serán por conta do traballador, que deberá mantelas en bo estado de conservación e limpeza, ou da empresa naqueles casos que determine o Gabinete de Seguridade e Hixiene no Traballo.

O persoal de almacén e mantemento recibirá tres fundas por ano.

Entregaranse once pares de luvas como mínimo a cada operario de producción ou almacén por ano.

O uso da roupa de traballo será obrigatorio dentro da xornada laboral.

Os traballadores que realicen traballos no exterior serán dotados de roupa de auga.

Facilitaráselles ós traballadores de producción, almacén e mantemento, un par de botas de seguridade por ano.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese en 40 horas semanais. Non excederá de 1.800 horas en cómputo anual.

A xornada será partida ou a quendas.

A xornada partida realizarase de luns a venres, a razón de 8 horas diarias.

A xornada a quendas realizarase segundo o calendario que se elaborará entre a dirección e o comité de empresa, con xornada de 8 horas diarias.

Artigo 10º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais. Desfrutaranse segundo o calendario que se elaborará entre a dirección e o comité de empresa.

O persoal da empresa poderá solicitar tres días ó ano a conta das vacacións. Estes días concederanse de acordo coas normas e/ou regulamentos que se establecerán entre a empresa e o comité de empresa.

Artigo 11º.-Réxime económico.

O réxime económico retributivo salarial para todo o persoal de Plásticos Ferro, S.L., afectado por este convenio, será o establecido para cada categoría nas táboas salariais como anexo.

O incremento salarial correspondente ó ano 1996 é do 6,5%.

O incremento salarial correspondente ó ano 1997 será do 3,5% en tódolos conceptos.

Artigo 12º.-Clasificación do persoal.

1. Xefe de división.

2. Xefe de área.

3. Xefe de quenda. Encargado.

4. Oficial de 1ª administrativo, xefe de grupo.

5. Oficial de 1ª de oficio.

6. Vendedor.

7. Auxiliar de laboratorio.

8. Oficial de 2ª de oficio.

9. Oficial de 2ª administrativo.

10. Auxiliar administrativo. Subalterno.

11. Axudante.

12. Peón.

13. Aprendiz.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O plus de antigüidade aplicarase segundo a táboa que se xunta como anexo.

A antigüidade aplicarase desde o día de ingreso na empresa.

A antigüidade terá efecto desde o día de cumprimento da condición de antigüidade.

Os complementos de antigüidade que o día do asinamento deste convenio sexan superiores ós que correspondan segundo a táboa anexa, quedarán bloqueados ata que sexan superados pola táboa de complemento de antigüidade en vigor.

Artigo 14º.-Pluses.

1. Establécese un plus extrasalarial que se detalla na táboa anexa.

2. Plus de quendas. Terá unha contía do 10% sobre o salario base diario, contabilizando tódolos días do mes.

3. Plus de nocturnidade. Terá unha contía do 25% do salario base diario, nos días traballados na quenda de noite.

4. Plus de convenio. Terá unha contía que se detalla na táboa anexa.

Transvasarase ó salario base unha cantidade correspondente ó 20% do plus extrasalarial percibido o 31 de decembro de 1996, para efectos de realiza-las táboas salariais de 1997.

O plus extrasalarial establécese como compensación ó transporte e distancia, e precisamente segundo o seu carácter compensatorio, non será cotizable á Seguridade Social.

Os restantes pluses serán cotizables á Seguridade Social.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Retribuiranse conforme o establecido no Estatuto dos traballadores.

É voluntade das partes. procurar, na medida do posible a reducción destas.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias que se percibirán nos meses de xullo e decembro, antes do día 22 do mes respectivo, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 17º.-Paga de convenio.

Establécese unha paga de convenio que será rateado en doce mensualidades, na contía que se establece na táboa salarial adxunta.

Artigo 18º.-Póliza de seguros.

A empresa establecerá unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte ou invalidez total e absoluta, motivadas por accidente, sexa ou non laboral, nas contías de dous millóns e dous millóns cincocentas mil ptas., respectivamente.

En caso de accidente que ocasione invalidez total e absoluta, a póliza cubrirá o pagamento de, ademais da cantidade anterior, outra cantidade por contía de dous millóns cincocentas vinte mil ptas.

Esta cobertura terá efecto 30 días despois da sinatura do convenio, e terá validez durante o tempo de permanencia do traballador na empresa.

Artigo 19º.-Premio por xubilación.

Establécense uns premios por xubilación nas seguintes contías, sempre que esta sexa efectiva dentro do primeiro mes do cumprimento de idade:

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 400.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 600.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 800.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 1.000.000 pesetas.

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 1.200.000 pesetas.

Artigo 20º.-Permisos e licencias.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 21º.-Seguridade e hixiene.

Observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei de prevención de riscos laborais e demais normas complementarias.

Artigo 22º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos propios de categoría superior á que teña atribuída, por substitucións ou dunha forma continuada, percibirá, durante o tempo que realice tales traballos, a remuneración total correspondente á categoría á que circunstancialmente quedase adscrito.

Artigo 23º.-Cláusula de revisión

No suposto de que o IPC o 31 de decembro de 1996 supere o 3,5% farase unha revisión automática nas táboas de salarios pola porcentaxe que exceda do dito 3,5%, para o efecto de tomalo como base para os cálculos salariais de 1997.

As táboas salariais de 1997 confeccionaranse cando sexa publicado o IPC polo INE.

No suposto de que o IPC o 31 de decembro de 1997 supere o 2,6% farase unha revisión automática nas táboas de salarios pola porcentaxe que exceda do dito 2,6%, para o efecto de tomalo como base para os cálculos salariais de 1998.

Artigo 24º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical, e demais normativa vixente.

Artigo 25º.-Incapacidade laboral transitoria.

A empresa, en caso de accidente ou ILT que esixa hospitalización completará o salario ata o 100% dos

conceptos salariais que integran a base de cotización durante todo o período de baixa.

Artigo 26º.-Prevención de alcoholemias.

Como prevención de accidentes laborais, e de acordo coa ordenanza laboral vixente, prohíbese introducir e consumir bebidas alcohólicas ou outras substancias non autorizadas no centro de traballo, así como presentarse ó traballo ou permanecer nel en estado de embriaguez ou de calquera outro xénero de intoxicación.

Artigo 27º.-Comité mixto paritario.

Para a interpretación deste convenio créase unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

Artigo 28º.-Contratos de traballo.

Os contratos de traballo observarán a lexislación vixente.

Por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos que así o esixan, poderanse facer contratos con atención ó carácter excepcional da actividade ata un máximo de 9 meses, de acordo co artigo 15, apartados A e B e artigo 48 da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Artigo 29º.-Axuda escolar.

Crearase unha axuda para os nenos en idade escolar.

Os representantes da empresa manifestan expresamente a súa vontade de tratar de manter no transcruso do ano 1996 o número de postos de traballo actualmente existentes.

Táboas salariais ano 1996

Actualización táboas salariais con IPC real ano 1995

Coef. 0,8%

Grupo

Salario

base

Plus

convenio

Plus

extrasalarial

1 mes134.228 6.196 48.227
2 meses109.106 6.196 47.191
3 mes95.710 6.196 31.632
4 mes88.460 6.196 21.259
5 día2.911 205 700
6 mes85.166 6.196 11.202
7 mes85.166 6.196 11.202
8 día2.800 205 368
9 mes85.166 6.196 11.202
10 mes82.452 6.196 8.298
11 día2.712 205 272
12 día2.658 205 103
13 día1.488 --

Táboas salariais ano 1996

Incremento 6,5

GrupoSalario basePlus convenioPlus extrasalarialTotal anual

1 mes142.953 ptas.6.599 ptas.51.362 ptas.2.839.818 ptas.
2 mes116.198 ptas.6.599 ptas.50.258 ptas.2.425.254 ptas.
3 mes101.931 ptas.6.599 ptas.33.688 ptas.2.012.409 ptas.
4 mes94.210 ptas.6.599 ptas.22.641 ptas.1.764.023 ptas.
5 día3.100 ptas.218 ptas.746 ptas.1.762.394 ptas.
6 mes90.702 ptas.6.599 ptas.11.930 ptas.1.582.873 ptas.
7 mes90.702 ptas.6.599 ptas.11.930 ptas.1.582.873 ptas.
8 día2.982 ptas.218 ptas.392 ptas.1.579.549 ptas.
9 mes90.702 ptas.6.599 ptas.11.930 ptas.1.582.873 ptas.
10 mes87.811 ptas.6.599 ptas.8.837 ptas.1.502.404 ptas.
11 día2.888 ptas.218 ptas.290 ptas.1.499.589 ptas.
12 día2.831 ptas.218 ptas.110 ptas.1.407.728 ptas.
13 día1.585 ptas.-ptas.-ptas.721.048 ptas.

Complemento de antigüidade mensual

Ano 1996

Grupo1 trienio2º trienio1 quinquenio2º quinquenio3 quinquenio

e seguintes

16.946 ptas.13.893 ptas.23.617 ptas.33.342 ptas.41.678 ptas.
25.646 ptas.11.292 ptas.19.197 ptas.27.102 ptas.33.877 ptas.
34.953 ptas.9.906 ptas.16.840 ptas.23.774 ptas.29.718 ptas.
44.578 ptas.9.156 ptas.15.565 ptas.21.973 ptas.27.467 ptas.
54.519 ptas.9.039 ptas.15.366 ptas.21.693 ptas.27.116 ptas.
64.407 ptas.8.815 ptas.14.985 ptas.21.155 ptas.26.444 ptas.
74.407 ptas.8.815 ptas.14.985 ptas.21.155 ptas.26.444 ptas.
84.347 ptas.8.694 ptas.14.780 ptas.20.866 ptas.26.082 ptas.
94.407 ptas.8.815 ptas.14.985 ptas.21.155 ptas.26.444 ptas.
104.267 ptas.8.534 ptas.14.507 ptas.20.481 ptas.25.601 ptas.
114.210 ptas.8.421 ptas.14.315 ptas.20.210 ptas.25.262 ptas.
124.127 ptas.8.253 ptas.14.030 ptas.19.807 ptas.24.759 ptas.

827