Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.225

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, para realizar entre o 1 de marzo e o 30 de xuño de 1997.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación universitaria do 10 de abril de 1996 (DOG do 23), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto no apartado décimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encontros escolares que se desenvolvan entre o 1 de marzo de 1997 e o 30 de xuño de 1997, ós centros que figuran relacionados no anexo I. Non quedan centros en listas de espera, nin hai excluídos.

Segundo.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviará a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser cuberto e asinado polo director do centro e remitido posteriormente a esta dirección xeral, quen o fará chegar á Axencia Nacional Sócrates.

Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo libramento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica- lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

Os centros beneficiarios enviarán orixinal e copia da memoria descritiva do Proxecto Educativo Conxunto (PEC), cunha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimento dos obxectivos programados, o número de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo elementos de análise por parte dos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual.

A memoria deberá remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (Edificio San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela), especificando Programa Sócrates, Lingua, Acción E, no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica.

3.2.1. Certificado do director do centro que exprese que quedou cumprida a finalidade que motivou a concesión da axuda.

3.2.2. Certificación do consello escolar sobre a aplicación dada á axuda recibida, que substituirá os xustificantes orixinais, que quedarán en poder dos centros a disposición do Tribunal de Contas e da Intervención Xeneral da Administración do Estado para a realización das comprobacións oportunas no ámbito das súas respectivas competencias.

3.2.3. Ficha financeira segundo o modelo que a Axencia Nacional Sócrates enviará ó centro seleccionado xunto co contrato.

A citada xustificación económica deberá remitirse ó enderezo sinalado no apartado cuarto 3.1, e dentro do prazo marcado no mesmo apartado, exceptuando a ficha financeira, que se remitirá nos dez días seguintes á súa recepción.

Quinto.-A non xustificación da axuda percibida consonte o disposto nestas bases levará ó reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xustificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incorrer consonte os artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Sétimo.-Contra a resolución de adxudicación, os centros interesados poderán interpoñer no prazo dun mes, recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Oitavo.-A presente resolución entrará en vigor ó día siguiente da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1997.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativo e Formación Profesional

ANEXO I

Relación de centros beneficiarios das axudas e contía

CentroLocalidadeProvinciaCentro asociadoPaísEcus

IFP BetanzosBetanzosA CoruñaLiceo Scientfifico F. BuonarrottiItalia4.500

IB MonelosA CoruñaA CoruñaSchonbuch-GymnasiumAlemania2.490

IES CacheirasCacheirasA CoruñaLycee Saint-John PerseFrancia5.640

IB Arcebispo Xelmirez ISantiago de CompostelaA CoruñaCollege Les MolieresFrancia2.820

EFA FonteboaCoristancoA CoruñaCentre de Formation MeslayFrancia2.500

EFA FonteboaCoristancoA CoruñaCasa Escola Agrícola Campo VerdePortugal2.000

IES Nº 4 SarSantiago de CompostelaA CoruñaCollege Auguste RenoirFrancia3.730

IB Agra do OrzánA CoruñaA CoruñaGymnasyum Am WallAlemania3.180

IFP As FontiñasSantiago de CompostelaA CoruñaEsbjerg HandelsskoleDinamarca6.390

IB Rosalía de CastroSantiago de CompostelaA CoruñaLycee Saint Francois XavierFrancia2.820

IES PontepedriñaSantiago de CompostelaA CoruñaHauptschule an AlfonsstrasseAlemania4.620

IFP Daviña ReyMonforte de LemosLugoLycee St. SebastienFrancia2.820

CentroLocalidadeProvinciaCentro asociadoPaísEcus

IFP A PinguelaMonforte de LemosLugoLycee St. SebastienFrancia 1.910

IB Monforte de LemosMonforte de LemosLugoLycee St. SebastienFrancia4.850

IES Vilar PonteViveiroLugoGreat Marlow SchoolInglaterra7.500

IES Vilar PonteViveiroLugoCollege Sainte AnneFrancia4.500

IES Eduardo Blanco AmorOurenseOurenseLycee Notre Dame du MurFrancia5.640

IES CelanovaCelanovaOurenseCollege Moulin d'AlbonFrancia1.610

IFP 12 de OctubreOurenseOurenseCollege Matisse/College Josquim de PresFrancia1.410

IFP A FarixaOurenseOurenseLycee Notre Dame du KreiskerFrancia4.240

IB Julio Prieto NespereiraOurenseOurenseWidnes Sixth Form CollegeInglaterra2.720

IB RibadaviaRibadaviaOurenseCollege Matisse/College Josquim des PresFrancia3.200

IB Nº 4 O CoutoOurenseOurenseLycee Henri BergsonFrancia6.140

Radio EccaOurenseOurenseKent Adult Education ServiceInglaterra5.500

IB Ramón María Aller UlloaLalínPontevedraLycee Ferdinand FochFrancia4.500

IB República do UruguaiVigoPontevedraBernhard Strigel GymnasiumAlemania2.310

IB Santo Tomé do FreixeiroVigoPontevedraLycee Joachim du BellayFrancia3.530

IB Rosais 2VigoPontevedraSt. Wilfrid's Catholic High School Inglaterra5.550

Colegio Apostol SantiagoVigoPontevedraLycee Notre Damen de la Sainte CroixFrancia2.000

Colegio Apostol SantiagoVigoPontevedraKent CollegeInglaterra2.500

777