Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.225

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xaneiro de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado de educación infantil Santa Cristina, de Lugo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación infantil Santa Cristina de Lugo en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 8 de outubro de 1990, a autorización excepcional e transitoria para unha unidade de educación preescolar.

Resultado que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, acompañando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15-12-1995), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que os alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización polo que a continuidade do ensino non se prexudica.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado de educación infantil que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Lugo

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: rúa Lamas de Prado, 118-4º.

Denominación: Santa Cristina.

Titular: Oliva Valiña Ameijide.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

97-709