Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.207

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (401/1994).

Eu, Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo de menor contía seguidos co número 401/1994, se dictou sentencia, con data 26 de setembro de 1996, co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Vistos, por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o numero 401 de 1994, entre partes, dunha como demandante, José Filiberto López Pereira, maior de idade, casado, veciño desta cidade, con domicilio na rúa de San Pedro, número 54, quen actúa no seu propio nome e para a sociedade legal de gananciais que forma coa súa dona María del Carmen Quian Lemos, representada en autos polo procurador Regueiro Muñoz, asistido do letrado Paz Sueiro, e doutra, como demandados, Eduardo López Pereira, maior de idade, casado, industrial, veciño da cidade de Bos Aires (Arxentina), e Carmen López Pereira, maior de idade, separada, veciña de Lonchamps, Bos Aires (Arxentina), incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre venda, en poxa pública, de cousa común.

Resolvo que desestimando a demanda formulada polo procurador Regueiro Muñoz, en nome e representación de José Filiberto López Pereira, quen actúa no seu propio nome e para a sociedade legal de gananciais que forma coa súa dona María del Carmen Quian Lemos, contra Eduardo López Pereira e Car

men López Pereira, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo absolver e absolvo os demandados dos pedimentos contidos nela. Todo isto sen efectuar especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación ós demandados, Eduardo López Pereira e Carmen López Pereira, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9669