Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.206

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO de poxa (5/1996).

Eu, Cristina María Paz Eiroa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos de procedemento sumario hipotecario do artigo 131 da Lei hipotecaria que se seguen neste xulgado co número 5/1996, por instancia do Banco Pastor, S.A., con domicilio social na Coruña, rúa Cantón Pequeno, número 1, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra María del Carmen Sende Pereira e Alfonso Baluja Otero, con domicilio en Santiago de Compostela, rúa da Muíña, número 41, sobre reclamación de crédito hipotecario, acordei sacar a poxa pública, por termo de vinte días, e polo prezo que se pactou na escritura de constitución de hipoteca, os predios que se relacionan ó final do presente edicto, dos cales terá lugar o remate nas datas e baixo as condicións seguintes:

Primeira poxa: que terá lugar o día 2 de abril de 1997, ás 10 horas.

Segunda poxa: que terá lugar o día 6 de maio de 1997, ás 10 horas.

Terceira poxa: que terá lugar o día 3 de xuño de 1997, ás 10 horas.

Condicións da poxa.

Primeira.-Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade estarán de manifesto na secretaría deste xulgado.

Segunda.-Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do autor continuarán subsistentes, e enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Terceiro.-Servirá de tipo para a poxa o prezo pactado na escritura de constitución de hipoteca e non se admitirá ningunha oferta inferior ó devandito tipo.

Cuarta.-O acredor demandante poderá concorrer como licitador a tódalas poxas e non precisará consignar ningunha cantidade para tomar parte na licitación. Tódolos demais licitadores, sen excepción, deberán consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, número 1569/000/18/5/96 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A., unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo, tanto na primeira como na segunda poxa, se houber lugar a iso, para tomar parte nelas. Na terceira poxa, se é o caso, o depósito consistirá no 20%, polo menos, do tipo que se fixou para a segunda.

Quinta.-Para o caso de que non haxa oferta admisible na primeira poxa, convócase unha segunda poxa, para a que servirá de tipo o 75% da primeira, sen que se poida admitir oferta inferior a este tipo, baixo as condicións referenciadas anteriormente, e establecéndose a consignación a que se refire o apartado anterior. A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo.

Sexta.- En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, achegando con elas o xustificante de ter consignado o importe que corresponda no establecemento destinado para o efecto.

Sétima.-As ofertas poderanse facer en calidade de cederlle o remate a un terceiro. O rematante que exercitase esta facultade deberá verifica-la devandita cesión mediante comparecencia perante o propio xulgado que realizase a poxa, con asistencia do cesionario, o cal deberá aceptala, e todo iso facendo antes ou no momento do pagamento do resto do prezo do remate.

Bens obxecto da poxa.

Predio e participación indivisa de predio, integrantes dun edificio sito no concello de Oroso, lugar de Sigüeiro, rúa Xuncal s/n.

1ª. Local número sete. Vivenda sinalada coa letra A da terceira planta alta. Ocupa unha superficie útil de cen metros cadrados e está distribuída en corredor distribuidor, dous cuartos de baño, tres dormitorios, salón e cociña. Accédese a el a través do portal un ou da esquerda, mirando o edificio desde a rúa Xuncal. Linda, se se toma como referencia a rúa Xuncal, sur ou fronte: rúa Xuncal e oco das escaleiras do portal un; norte ou traseira, oco entre bloques, entre o día anterior e o traseiro e oco de escaleiras do portal un; leste ou dereita entrando, piso letra B da mesma planta do bloque dianteiro e oco de escaleiras; e oeste ou esquerda, Ramiro Salvado Vieites e outros. Cota: dous coma tres por cento (2,3%). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes, Oroso, folio 83, tomo 536, libro 56, predio número 8.020.

2ª. 15,50/960 partes indivisas do local número un: ocupa toda a planta de soto baixo dos dous bloques. Destínase a prazas de garaxe. Ten unha superficie útil de novecentos sesenta metros cadrados. Accédese a el a través dunha rampla de acceso que

parte da rúa Xuncal, moi próxima á esquina sureste do edificio do sur, e a través de escaleiras que parten dos postais do bloque traseiro. Linda, tomando como referencia a fachada da rúa Xuncal: norte ou fondo, subsolo que separa do río; sur ou fronte, subsolo da rúa Xuncal; leste ou dereita entrando, subsolo que separa dos irmáns Lagares; e oeste ou esquerda segundo se entra, subsolo que separa de Ramiro Salvado Vieites e outros. Linda tamén por tódolos seus ventos cos portais traseiros. Cota: dez por cento (10%). A devandita cota indivisa de 15.50/960 dá dereito ó uso e goce de praza de garaxe sinalada co número 11, duns 15,50 metros cadrados. Linda: norte, subsolo que separa do río; sur, vial de acceso; leste, escaleiras e praza de garaxe número 100; e oeste, praza de garaxe número 12. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes, Oroso, folio 97, tomo 566, libro 74, predio 8.008.

E para que conste e sirva de anuncio nos diarios oficiais nos que se ten acordada a súa inserción, así como de notificación ó/ós debedor/es, no caso de que este/s non fose/n achados no predio de constitución de hipoteca, expido e asino o presente edicto en Ordes o quince de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

358