Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.206

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 8 de xaneiro de 1997 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura e Comunicación Social, mediante Orde do 15 de novembro de 1996 (DOG nº 232, do 27 de novembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteñan praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicarllo a esta consellería segundo o previsto no arti

go 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

Apelidos e nome: Otero López, Ignacio José.

NRP ou DNI: 32.259.097.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Concesións, Xestión e Inspección.

Cod. do posto: CUC05000011570018.

Dependencia: Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

Localidade: Santiago de Compostela.

749