Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1996 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Alcotán, S.L., sita na rúa Soportais da Ferrería, 6 baixo, de Pontevedra.

Visto o expediente instruído por instancia de Francisco Iglesias Villar, na súa calidade de xerente da entidade mercantil Viajes Alcotán, S.L., titular da empresa, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Pontevedra, na rúa Soportais da Ferrería, 6 baixo, da axencia de viaxes Viajes Alcotán, S.L., retallista co código identificativo XG-65, que ten a súa casa central en Pontevedra, na rúa San José, 12 baixo.

Ó resultar que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Ó resultar que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Ó considerar que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e o seu presidente, o Decreto

155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

Resolve autoriza-la axencia de viaxes Viajes Alcotán, S.L., sita en Pontevedra, na rúa San José, 12 baixo, da que é titular a entidade mercantil Viajes Alcotán, S.L., a apertura dun novo establecemento na rúa Soportales da Herrería, 6 baixo en Pontevedra, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

648