Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 06 de febreiro de 1997 Páx. 1.196

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 18/1997, do 30 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de saneamento en Robredo, Viladequinta, saneamento e acceso a Sobradelo de Arriba.

O Concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), en sesión celebrada o día 10 de abril de 1996, acordou aproba-lo proxecto de saneamento en Robledo, Villadequinta, saneamento e acceso a Sobradelo de Arriba e, na sesión do día 28 de xuño de 1996, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente, con data de entrada no rexistro xeral da consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o día 23 de decembro de 1996, baixo o número 13.552.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 9 de xaneiro 1997, nº 224.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque no proxecto da obra se recollen, entre outras actuacións, a dotación do acceso entre a zona do cemiterio de Sobradelo e a entrada ó núcleo de Sobradelo de Arriba cunha longura de dez metros, que vén motivado pola imperiosa necesidade de dispoñer dun acceso ó cemiterio que permita a normal circulación de vehículos, con posibilidade de permiti-lo cambio de sentido e dispoñer de zona de aparcamento nas marxes do acceso, dando así cumprimento á previsión legal de dotación dun servicio mínimo obrigatorio, como é o acceso ós núcleos de poboación e supón tamén esta obra, a dotación de sistemas xerais -actuación illada- en solo urbano excluída de unidade de execución, constituíndo, polo tanto, as actuacións recollidas no proxecto de servicios mínimos obrigatorios que deben presta-los concellos.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude e, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na

súa reunión do día trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense) para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de saneamento en Robledo, Viladequinta, saneamento e acceso a Sobradelo de Arriba.

Santiago de Compostela, trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

772