Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (155/1996).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo de separación número 155/1996 no que se dirá que recaeu sentencia co encabezamento e resolución do teor seguinte:

«En Santiago de Compostela o 17 de decembro de 1996. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, vistos os autos de separación conxugal número 155/1996, promovidos por instancia de Mª Carmen Meijide Forján e na súa representación o procurador dos tribunais Fernández Villaverde (de oficio) contra Francisco M. Nogueira López, en situación procesual de rebeldía e con intervención do ministerio fiscal.

Resolvo que debo declarar e declaro a separación conxugal entre os cónxuges Mª Carmen Meijide For

ján e Francisco Manuel Nogueira López. Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Contra esta sentencia, cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado. Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Francisco Manuel Nogueira López, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto en Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1997.

O secretario

Rubricado

583