Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (262/1996).

Eu, María Teresa Bouzada Gil, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo de cognición, seguidos co número 262/1996, se dictou sentencia, con data 9 de setembro de 1996, co encabezamento e resolución do teor seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo de cognición seguidos neste xulgado baixo o número 262 de 1996, entre partes, dunha como demandante, a entidade Banco Central Hispanoamericano, S.A., domiciliada en Madrid, representada en autos polo procurador García Píccoli-Atanes, asistida da letrada Gómez Arroyo, e doutra, como demandada, Carmen Noya Suárez, veciña desta cidade, con domicilio en rúa Huérfanas, 27, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre reclmación de cantidade.

Resolvo que considerando a demanda formulada polo procurador García Píccoli, en nome e representación do Banco Hispanoamericano, S.A. contra Carmen Noya Suárez, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno a demandada a que lle satisfaga á mercantil demandante a suma de 151.873 pesetas mailos xuros legais desde a interpelación xudicial, e o pagamento das custas causadas no proceso. Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á demandada Carmen Noya Suárez, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o sete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

577