Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.159

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

CÉDULA de citación (242/1996-A).

Eu, José Manuel Silvosa Tallon, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa (A Coruña) fago saber que, en virtude do acordado pola xuíza deste xulgado, nos autos de xuízo de faltas número 242/1996, que se seguen por insultos e malos tratos, cítase a María Carmen Iglesias Mosteiro en calidade de denunciante e a James Joseph Grace, en calidade de denunciado, ámbolos dous en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día dezaoito de febreiro, ás doce quince horas, comparezan perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lugo número 45 e 47, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, facéndolles saber que poderán comparecer con tódolos medios de proba dos que tenten valerse; e que, de non facelo, recaerán sobre eles os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que así conste e lles sirva de citación en legal forma a María Carmen Iglesias Mosteiro e a James Joseph Grace, expido, selo e asino a presente cédula en Arzúa o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

354