Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.160

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (5/1997).

En virtude do acordado polo xuíz de primeira instancia e instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia de data 15 de xaneiro de 1997, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 5/1997, por instancia de Albino Rodríguez Vilanova, para facer constar no Rexistro da Propiedade a inscrición en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

O predio número 893 do plano xeral de Concentración Parcelaria da parroquia de San Pedro de Bugallido, concello de Ames, que se describe así: rústico, terreo dedicado a labradío no lugar de Cortiña, de vinte áreas e dez centiáreas. Linda: norte, con Ramón Iglesias Ortiz (892); sur, con Antonio Abelleira Gigirey e outros (894); leste, con camiño construído polo Servicio Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; oeste, con Alfonso Viñas Pazos (860-3) e Josefa Noya Noya e outros (895). Indivisible.

Polo presente edicto cítase a Consuelo Vilanova Rodríguez, Dolores Vilanova Rodríguez, María Rodríguez Vilanova, Amalia Rodríguez Vilanova, José Luis Rodríguez Gómes, Ramón Iglesias Ortiz, Antonio Abelleira Gigirey, Alfonso Vilas Pazos e Juana Noya Noya e a cantas persoas ignoradas lles poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita co fin de que no termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, en relación coa pretensión formulada.

Conforme o disposto no aritog 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, quince de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

582