Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 05 de febreiro de 1997 Páx. 1.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de xaneiro de 1997, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00217-I-96 e un máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de 1997.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.q.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00217-I-96

LU-8990-H

LE9OR0033289433

Fernández Feito, José Luis

Avda. A Coruña 326 1ºD

27003-Lugo

Realizar transporte público de mercadorías (materiais de construcción) cun exceso de peso do 18,3% sobre o P.M.A. do vehículo (14.200 kgs).

25-4-1996; 16.33; N-VI; 543,800

141.I) LOTT

198.J) RXTO

143 LOTT

201 RXTO

180.000 ptas.

DX-00362-I-96

LE9OR0033251838

Rafael Laredo, S.L.

Corcubión 3-1º

15010-A Coruña

Obstrucción á actuación dos servicios de inspección impedindo o exercicio das súas funcións por non facilita-los discos-diagrama dos vehículos da súa propiedade.140.E) LOTT

197.E) RXTO

143 LOTT

201 RXTO

250.000 ptas.

646