Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.133

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (6/1996-01).

Mª Teresa Bouzada Gil, maxistrada-xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, e o seu partido, fai saber que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 6/1996, promovidos polo procurador García-Piccoli, en nome e representación de Caixa de Aforros de Galicia contra Coarce, S.L., en reclamación de 5.644.947 pesetas de principal, máis 2.221.723 pesetas que prudencialmente se fixen para xuros e custas, acordouse sacar a pública poxa por tres veces e polo termo de vinte días cada unha delas, o seguinte predio:

Parcela número 10 (M.2) do parque de Montouto. Extensión: douscentos corenta metros cadrados, sobre a que existe unha casa composta de semisoto de trinta e tres metros e noventa decímetros cadrados

útiles; planta baixa de setenta e sete metros e vintenove decímetros cadrados útiles; e planta alta, de sesenta e nove metros e setenta e oito decímetros cadrados útiles aproximadamente, que ten anexo á edificación o terreo non ocupado por esta. Linda todo: norte, espacio libre configurado como zona común de paso; sur, parcela número once; leste, P.4 e oeste, zona de acceso ás parcelas. Ten na súa entrada ( lindeiro oeste) un patio ou pequena zona axardinada común duns sete metros cadrados.

Cota: referida á urbanización das parcelas: unha cento cincuentava parte.

Inscrición: inscrita no tomo 510, libro 159 de Teo, folio 151, predio 16.221 do Rexistro da Propiedade de Padrón.

A poxa terá lugar o día sete de abril ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, co prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de trece millóns catrocentas dez mil pesetas (13.410.000 ptas.), de non concorreren ofertantes, sinálase para a segunda o día cinco de maio ás doce horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; de non haber ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día dous de xuño ás doce horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de trece millóns catrocentas dez mil pesetas (13.410.000 ptas.), que é o tipo pactado na mencionada escritura; en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso; en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, agás o acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa da que se trate, depositando xunto aquel o resgardo acreditativo de ter efectuada a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e, se non as acepta, non lle será admitida a pro

posición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leve a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da L.A.C., de non ser atopado nel, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, quince de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

8880