O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Pasek 3, situado en terreos dos concellos de Narón e Valdoviño, provincia da Coruña, e solicitado por Pasek España, S.A.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten, un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
545