Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.133

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (566/1992-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo 566/1992, que se segue neste xulgado por instancia de Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Ana María Fernández March, por medio da presente cédula requírese a referida demandada, con domicilio actual descoñecido, co fin de que no prazo de seis días presente na secretaría deste xulgado os títulos de propiedade dos predios embargados neste procedemento, baixo apercibimento de que, de non o facer, recaerá sobre ela o prexuízo ó que houber lugar en dereito. E para que lle sirva de requirimento a Ana María Fernández March, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteún de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

477