Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, dou fe de que, no xuízo de faltas ó que se fará mención, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:
«Sentencia. En Corcubión o vientenove de novembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por María Zulema Gento Castro, xuízo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, os autos de xuízo de faltas 161/1996, sobre ameazas, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, denunciante María Isabel Martínez Martínez, e como denunciado Victoriano Bugallo Martínez.
Decido que debo absolver e absolvo a Victoriano Bugallo Martínez, con toda clase de pronunciamen
tos favorables e declarando de oficio as custas procesuais que se puidesen causar. Notifíqueselle esta resolución ó Ministerio Fiscal e demais partes, coa advertencia de que non é firme e si recorrible en apelación polo prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que a súa inserción no Diario Oficial de Galicia lle sirva de notificación a Victoriano Bugallo Martínez, expido e asino a presente cédula en Corcubión o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.
Óscar Méndez Fernández
Secretario
557