Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.133

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

CÉDULA de notificación de sentencia (127/1996-20).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, dou fe de que, no xuízo de faltas ó que se fará mención, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Corcubión o vientenove de novembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por María Zulema Gento Castro, xuízo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, os autos de xuízo de faltas 127/1996, sobre ameazas, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, denunciante María Isabel Martínez Martínez, e como denunciado Victoriano Bugallo Martínez.

Decido que debo absolver e absolvo a Vixtoriano Bugallo Marinez, con toda clase de pronunciamentos favorables e declarando de oficio as custas procesuais que se puidesen causar. Notifíqueselle esta resolución ó Ministerio Fiscal e demais partes, coa advertencia de que non é firme e si recorrible en apelación polo prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que a súa inserción no Diario Oficial de Galicia lle sirva de notificación a Victoriano Bugallo Martínez, expido e asino a presente cédula en Corcubión o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Óscar Méndez Fernández

Secretario

553