Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.132

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 1997 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de xeometría e topoloxía, do departamento de Matemáticas e Didáctica da Matemática a María Esperanza Sanmartín Carbón, (praza 47/1995).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 27 de outubro de 1995 (BOE do 24 de novembro) para a provisión dunha praza de profesorA titular de universidade da área de coñecemento de xeometría e topoloxía, do departamento de Matemáticas e Didáctica da Matemática, a prol de María Esperanza Sanmartín Carbón, DNI nº 52.470.926 e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Esperanza Sanmartín Carbón profesora titular de universidade da área de coñecemento de xeometría e topoloxía, do departamento de Matemáticas e Didáctica da Matemática.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspodente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 21 de xaneiro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

552