Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 17 de xaneiro de 1996 (BOE do 14 de febreiro) para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento Enxeñería de Sistemas e de Linguaxes e Sistemas Informáticos, a prol de José Luis Trillo Rodríguez, DNI nº 36.036.742, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Luis Trillo Rodríguez profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento Enxeñería de Sistemas e de Linguaxes e Sistemas Informáticos.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspodente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencio
so-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 21 de xaneiro de 1997.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
602