Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se prorrogan 23 bolsas de colaboración nos distintos proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 1997, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 74, punto primeiro, debe dicir: «Concédeselles prórroga para desfrutar da bolsa ata o 31 de decembro de 1997, ás persoas que se relacionan no anexo á presente resolución. Os efectos desta resolución quedan condicionados ata a aprobación do crédito que vaia ampara-lo gasto, de conformidade coa orde anteriormente citada, do 2 de xuño de 1986».

Na páxina 74, punto terceiro, debe dicir: «Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

97-674