Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación de 3 unidades de segundo ciclo de educación infantil, 6 unidades de educación primaria e 4 unidades de educación secundaria obrigatoria ó centro privado Montesol, de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Montesol de Vigo (Pontevedra), no que solicita a ampliación de 3 unidades de segundo ciclo de educación infantil, 6 unidades de educación primaria e 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta dirección xeral resolveu:

Autoriza-la ampliación de 3 unidades de segundo ciclo de educación infantil, 6 unidades de educación primaria e 4 unidades de educación secundaria obrigatoria ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para

a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

Anexo que se cita

Provincia de Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Salceda de Caselas, s/n.

Denominación: Montesol.

Titular: Cooperativa Montesol.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 3 unidades.

Unidades novas autorizadas: 3 unidades.

Total de unidades autorizadas: 6 unidades.

Nivel: educación primaria.

Unidades de que constaba: 6 unidades.

Unidades novas autorizadas: 6 unidades.

Total de unidades autorizadas: 12 unidades.

Nivel: educación secundaria obrigatoria.

Unidades de que constaba: 4 unidades.

Unidades novas autorizadas: 4 unidades.

Total de unidades autorizadas: 8 unidades.

610