O 10 de xaneiro de 1997 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primera da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001694/1996, interposto por Miguel Gregorio Fernández, contra resolución do director xeral de Centros e Inspección Educativa do 2-10-1996 desestimatoria de reclamación c/ outra do delegado en Pontevedra, sobre aprobación definitiva relación de funcionarios para o exercicio dirección en centros públicos docentes.
En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a
tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1997.
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
672