Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 04 de febreiro de 1997 Páx. 1.123

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a transformación dunha unidade de EXB en unidade do 2º ciclo de educación infantil ó centro privado San Pío X, de Ourense.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San Pío X de Ourense, no que solicita a transformación dunha unidade de EXB en unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Resultando que o centro obtivo, por Orde do 17 de maio de 1977, a clasificación definitiva para 8 unidades de EXB.

Resultando que o centro solicita a transformación dunha destas unidades nunha unidade de educación infantil-2º ciclo.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26); o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22); a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Considerando que a disposición transitoria quinta do antedito real decreto, no seu apartado 3, obriga ós centros de educación preescolar que teñan autorización definitiva para unha ou dúas unidades a completa-las unidades necesarias para imparti-lo segundo ciclo completo de educación infantil.

Esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autoriza-la transformación dunha unidade de EXB en unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento desta, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Ourense

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Dirección: Avenida de Zamora, 98.

Denominación: San Pío X.

Titular: Cooperativa de Enseñanza San Pío X, Sociedad Cooperativa.

Composición resultante:

Nivel: Educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2

Unidades novas autorizadas: 1

Total de unidades autorizadas: 3

Nivel: educación primaria/EXB.

Unidades de que constaba: 7

Unidades que se reducen: 1

Total de unidades autorizadas: 6

611