Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.106

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (51/1996-M).

En virtude do acordado en providencia dictada o día da data en xuízo oral número 215/1995, executoria 51/1996-M, do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela (A Coruña), no que foron condenados en sentencia firme, 13-9-1995, por medio do presente edicto anúnciase a venda en poxa pública, por primeira vez os seguintes bens mobles embargados da propiedade do condenado José Manuel García Santos.

Os ditos bens, así como o valor da súa taxación, son os seguintes:

-Vehículo Mobilete número placa municipal 474, valorado en 30.000 ptas. polo perito Botana na data 7-10-1996. Faise constar en relación co lugar onde se atopan que se atopa en Vilas-San Isidro-A Pobra do Caramiñal, e en relación coa documentación relativa a eles que consta unida a autos. Establécense as seguintes regras sinaladas na Lei de axuizamento civil:

1. Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación. En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, xuntando o resgardo de que está feita a consignación no BBV do importe a que se refire o artigo seguinte. Os pregos conservaranse cerrados polo secretario e serán abertos no acto do remate ó publicárense as ofertas, e terán o mesmo efecto cós que se realicen no dito acto. Só o executante poderá facer oferta en calidade de cede-lo remate a un terceiro. O executante que exerza esta facultade deberá verifica-la dita cesión mediante comparecencia perante o propio xulgado que celebrase a poxa, con asistencia do cesionario, quen a deberá aceptar, e todo iso despois de ou simultaneamente ó pagamento do resto do prezo de remate.

2. Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no BBV, conta de consignacións do Xulgado do Penal número dous de Santiago de Compostela, número 1593, clave 71, co número de procedemento ou xuízo oral, presentando neste xulgado copia do mandamento de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este

requisito non serán admitidos. Devolveranse as ditas consignacións ós seus respectivos donos, acto continuo do remate, excepto a que corresponda ó mellor licitador, a cal se reservará en depósito como garantía do cumprimento da súa obrigación e, se é o caso, como parte do prezo da venda. Tamén se poderán reservar en depósito por instancia do acredor as demais consignacións dos licitadores que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas. As cantidades consignadas por estes devolveránselles unha vez cumprida a obriga polo adxudicatario. A consignada por este reservarase na forma e para os fins previstos no apartado anterior.

3. O executante poderá tomar parte na poxa e mellora-las ofertas que se fixesen, sen necesidade de consigna-lo depósito prevido no artigo anterior.

De non haber licitadores na primeira poxa, que terá lugar o día 4 de febreiro ás 11.30 horas, sinálase para a segunda o día 11 de febreiro ás 11.30 horas no mesmo lugar, para a que servirá de tipo o setenta e cinco por cento da valoración, e non se admiten ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

Celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día 18 de febreiro ás 11.30 horas, no mesmo lugar, sen suxeición a tipo.

Santiago de Compostela, trece de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

669