Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto, polo procedemento de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para novos desenvolvementos informáticos con destino ó Centro de Proceso de Datos (expediente 4-97).

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concruso público polo procedemento aberto pola tramitación de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para nosos desenvolvementos informáticos con destino ó Centro Proceso de Datos. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio.

San Caetano, 15704 Santiago de Compostela Diario Oficial de Galicia. Tfno.: 54 41 34. Expediente 4/97.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para novos desenvolvementos informáticos con destino ó Centro Proceso de Datos.

O prazo de execución será de 10 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto polo procedemento de urxencia.

4. Orzamento base de licitación: importe total, cento tres millóns oitocentas cincuenta e unha mil novecentos pesetas (103.851.900 ptas.), IVE incluído.

5. Garantía provisional: dous millóns setenta e sete mil trinta e oito pesetas (2.077.038 ptas.).

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

7. Obtención de documentación e información: nas depenencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, no edificio administrativo San Caetano, s/n C.P. 15704. Santiago de Compostela, teléfono 54 41 34, telefax 54 41 25.

A data límite de obtención de documentación e información será a fixada para o prazo de presentación das proposicións.

8. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do 17 de febreiro e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, edificio administrativo, San Caetano, s/n CP 15704, Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: a mesa de contratación procederá á apertura das proposicións económicas no acto público ó que poderán asisti-los licitadores ou os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do 24 de febreiro.

O importe do anuncio de licitación será por conta do adxudicatario.

10. Data de envío ó DOCE: 28 de xaneiro de 1997.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1996)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

9356