Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 03 de febreiro de 1997 Páx. 1.105

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (182/1994).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo, baixo o nº 182/1994, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Victorino Regueiro

Muñoz en representación de Sociedad Agrícola Gallega, S.A. (Soaga), contra Manuel Calvo Calvo, en reclamación de cantidade e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo de valoración pericial, o seguinte predio embargado ó demandado:

Rústica, labradío sequeiro de dúas áreas e cincuenta e dúas centiáreas no sitio de Prado, concello de Ames, nº 1420 do plano da zona de Santo Estevo de Covas e Santo Tomé de Ames. Linda: norte, Marcelino Ramos Vázquez; sur, Lourdes Abet Antelo e outro (1422); leste, camiño; e oeste, Rosalía Pena Capelo: Indivisible. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, no folio 171, libro 116 de Ames, tomo 432, predio 10.904, inscrición 2ª.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena nº 2 do polígono das Fontiñas, o vindeiro día 17 de marzo, ás 11 horas, consonte as seguintes condicións:

O tipo de remate será de 504.000 pesetas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

Para tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado, número conta 1592-17-182-94, o 20% do tipo do remate.

Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o 20% do tipo do remate.

Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de cederllo a un terceiro.

Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que lle sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado e deberán os licitadores conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 21 de abril, ás 11 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate, que será do 75% do da primeira; e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira o día vinte de maio, tamén ás 11 horas, sen suxeición a tipo, e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para segunda.

Sírvalles esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese facerse en legal forma.

Dado en Santiago de Compostela o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

361