Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (70/1996).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 70/1996, por danos, nos que recaeu sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o quince de novembro de mil novecentos noventa e seis, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia: vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 70/1996, seguidos neste xulgado sobre danos, nos que son partes, ademais do Ministerio fiscal, en representación da acción pública, o denunciado Alexandr Borisovich Bahmat, nado en Prokrov (Rusia), o día 5 de xullo de 1955, fillo de Boris e de Irene, con domicilio no albergue municipal Elejabarri (Bilbao), así como o Concello de Santiago de Compostela como prexudicado. Resolvo que debo condenar e condeno a Alexandr Borisovich Bahmat, como autor dunha falta do artigo 579 do Código Penal vixente na data dos feitos, á pena de cinco días de arresto menor e multa de cinco mil pesetas, con arresto substitutorio dun día no caso de falta de pagamento, así como o pagamento das custas procesuais. En concepto de

responsabilidade civil o condenado deberá indemniza-lo Concello de Santiago de Compostela na cantidade de quince mil trescentas vintecinco pesetas (15.325 ptas.).

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente

xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación a Alexandr Borisovich Bahmat, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

470