Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (25/1996-4).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de xustiza gratuíta que se segue neste xulgado co número 25/1996-4, se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 9 de xullo de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta substanciado polos trámites do xuízo verbal seguido neste xulgado co número 25/1996-4, no que actuou como demandante María Luisa Castiñeiras Tarrío, representada pola procuradora dos tribunais Mª Rita Goimil Martínez e asistida polo letrado Julio Quintáns Trenco, e como demandado Banco Español de Crédito S.A., Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández, José Ángel González Piñeiro, Mª del Carmen García González, Graveiras Xeiso S.A. e Xunta de Galicia.

Resolvo, que considerando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de María Luisa Castiñeiras Tarrío co obxecto de formular demanda de tercería de mellor dereito contra os demandados antes referenciados, sen prexuízo do

disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes José Ángel González Piñeiro e Mª del Carmen García González, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

471