Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (23/1996).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 23/1996, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Severino Vieites Tejo, e nos devanditos autos acordouse sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate da primeira poxa o vindeiro día 13 de marzo, ás

11 horas na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 4.600.000 ptas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinalouse para que teña lugar a segunda o vindeiro día 11 de abril ás 11 horas na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo con respecto da primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda poxa, sinalouse para que teña lugar a terceira o vindeiro día 12 de maio ás 11 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Na primeira e segunda poxa non se admitirán ofertas que non cubran o correspondente tipo.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo, para seren admitidos á licitación, e calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda. A suma deberase consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo para iso facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0023-/96, presentando o xustificante do ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, e están de manifesto na secretaría do xulgado para que poidan examinalas os que desexen tomar parte na poxa, e enténdese que todo licitador as acepta como bastante sen que poida elixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, e entenderase que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na responsabilidade de satisfacelos, sen que se poida destinar para a súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderanse facer ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, estas terán lugar á mesma hora do seguinte día hábil dentro da semana na que se tivese sinalada a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes nas poxas, salvo a que corresponda ó mellor licitador, a cal se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo de venda.

Décima.-Ata o mesmo momento que teña lugar a poxa, poderá o acredor pedir que se reserven en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que tivesen cubertas coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores, conservando sempre a orde das ofertas.

Undécima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e se é o caso a publicación dos presentes edictos serve como notifiación dos sinalamentos.

Bens que se poxan:

1. Predio rústico, terreo dedicado a labradío no sitio de Trigal e Maceira, sinalado co número 293 do plano xeral da zona de concentración de Santa María de Biduído, concello de Ames. Ten unha extensión superficial de oito áreas e cincuenta centiáreas, (850 m). Linda, norte, José Villanueva Díaz (294) e José Villaverde González (295); sur, masa común (292.b); leste, zona excluída, e oeste, camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 530, libro 135, folio 87 volto, predio número 13051.

Sobre a parte deste predio hai feita unha estructura de formigón dunha casa, da que se atopan construídos os alicerces, a planta baixa fechada con bloques de cimento e a planta alta, así como a placa do ático e a rampla da escaleira, e ocupan unha superficie en planta de cento dez m, cun total de 220 m en placas.

Valor: a construcción valórase en dous millóns seiscentas mil pesetas (2.600.000 ptas.) e a parcela en dous millóns de pesetas (2.000.000 de ptas.). Total: 4.600.000 ptas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1997.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

492