Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO (110/1996).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de divorcio número 110/1996, notifícaselle a Julio Pablo Durán Chao, en rebeldía, a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que seguen:

«Sentencia. En Ordes o trinta de outubro de mil novecentos noventa e seis, Cristina María Paz Eiroa, xuíza de primeira instancia deste partido, vistos autos do xuízo seguido neste xulgado co número 110 do ano 1996 por instancia de María del Sol Bello Rey, representada polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes e asistida pola avogada Milagros Méndez-Benegassi Silva, contra Julio Pablo Durán Chao, en rebeldía e representado polos estrados deste xulgado, sendo obxecto do preito a petición de divorcio, tramitado segundo as normas da disposición adicional quinta da Lei 30/1981, do 7 de xullo, nos autos da cal foi parte o Ministerio fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo que desestimo a demanda formulada por María del Sol Bello Rey contra Julio Pablo Durán Chao, con imposición á demandante das custas relativas á súa pretensión.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que poderán interpor recurso de apelación contra ela perante a Audiencia Provincial da Coruña nos cinco días seguintes á notificación. Así o pronuncio, mando e asino».

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma a Julio Pablo Durán Chao.

Dado en Ordes o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

634