Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.052

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 1997 pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios (1 a 14/1997).

De conformidade co establecido no título quinto da Lei 11/1983, do 25 de agosto, e o artigo 2.4º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, este rectorado resolveu convocar concurso para as prazas que se relacionan no anexo I da presente resolución, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Os ditos concursos rexeranse polo disposto na Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro); Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), modificado parcialmente polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño; Orde do 28 de decembro de 1984 (BOE do 16 de xaneiro de 1985) e, no non previsto, pola lexislación xeral de funcionariso civís do Estado, e tramitaranse independentemente para cada unha das prazas convocadas.

Segunda.-Para ser admitido ós citados concursos requírense os seguintes requisitos xerais:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións cós españois:

-Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea logo de acreditaren a nacionalidade consonte o disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea e demais normativa de desenvolvemento.

-Trala acreditación, os nacionais daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado Constitutivo da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non ter cumpridos os setenta anos de idade.

c) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio da Administración do Estado ou da Administración autónoma, institucional ou

local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

d) Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes a profesor de universidade.

Terceira.-Deberán reunir, ademais, as condicións específicas que se sinalan no artigo 4.1º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, segundo a categoría da praza, e, de se-lo caso, titulación suficiente debidamente recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia para o exercicio profesional en España como profesor universitario.

Cando, estando en posesión do título de doutor, se concorra a prazas de catedrático de universidade, conforme o previsto no artigo 4.1º c), do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e non se pertenza a ningún dos corpos que nel se sinalan, os interesados deberán acreditar ter sido eximidos de tales requisitos dentro do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Non poderá concursar a prazas de profesor titular de universidade quen estivera contratado durante máis de dous anos como axudante nesta universidade, salvo as excepcións previstas no artigo 37.4º da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Cuarta.-Quen desexe tomar parte no concurso remitirá a correspondente solicitude ó rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado, mediante instancia, segundo o modelo do anexo II, debidamente cuberta, xunto cos documentos que acrediten reuni-los requisitos para participar no concurso. A concorrencia dos ditos requisitos deberá estar referida sempre a unha data anterior á de expiración do prazo fixado para solicita-la participación no concurso.

Os aspirantes deberán xustificar ter aboadas 9.180 ptas. en concepto de inscrición na conta da Universidade de Vigo, outros ingresos, nº 04.000.022599-4 de CaixaVigo, O.P., rúa García Barbón, 1-3, epígrafe -outros ingresos-, achegando coa súa solicitude resgardo acreditativo do ingreso realizado, facendo referencia a esta convocatoria.

Quinta.-Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o rector da Universidade de Vigo, por calquera dos procedementos establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, remitirá a tódolos aspirantes relación completa de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión. Contra a dita resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da relación de admitidos e excluídos.

Sexta.-O presidente da comisión, dentro do prazo habilitado regulamentariamente para a súa consti

tución, dictará unha resolución que lles deberá ser notificada a tódolos interesados cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto da data do acto para o que se cita, convocando a:

a) Tódolos membros titulares da comisión e, se é o caso, os suplentes necesarios para efectua-lo acto de constitución daquela.

b) Tódolos aspirantes admitidos a participar no concurso, para realiza-lo acto de presentación dos concursantes e, con sinalamento do día, a hora e o lugar de celebración do dito acto.

Sétima.-No acto de presentación os concursantes entregaranlle ó presidente da comisón a documentación sinalada nos artigos 9 e 10 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, segundo se trate de concurso ou concurso de méritos.

Oitava.-Os candidatos propostos para a provisión das prazas deberán presentar na Secretaría Xeral da Universidade, no prazo dos quince días hábiles seguintes ó de conclusión da actuación da comisión por calquera dos medios sinalados no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou documento equivalente de ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Certificación médica oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións correspondentes a profesor de universidade.

c) Declaración xurada de non ter sido separado de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario e non atoparse inhabilitado para o acceso e exercicio da función pública.

Os que tiveren a condición de funcionarios públicos de carreira estarán exentos de xustifica-los ditos documentos e requisitos, debendo presentar certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditativa da condición de funcionarios e cantas circunstancias consten na folla de servicios.

Vigo, 15 de xaneiro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO I

-Número de prazas: 1.

Praza número: 1/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: debuxo.

Departamento ó que está adscrita: Expresión Artística.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en debuxo.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 2/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: escultura.

Departamento ó que está adscrita: Expresión Artística.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en escultura (proxecto en escultura).

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 3/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: comercialización e investigación de mercados.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas e Marketing.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en comercialización e investigación de mercados.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 4/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas e Marketing.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en organización de empresas.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 5/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía vexetal.

Departamento ó que está adscrita: Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en fisioloxía vexetal I e II.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 6/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía animal.

Departamento ó que está adscrita: Ecoloxía e Bioloxía Animal.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en invertebrados non artrópodos.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 7/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: bioloxía animal.

Departamento ó que está adscrita: Ecoloxía e Bioloxía Animal.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en adaptacións de animais mariños.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 8/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ecoloxía.

Departamento ó que está adscrita: Ecoloxía e Bioloxía Animal.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en ecoloxía mariña.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 9/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: enxeñería química.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería Química.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 10/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento á que corresponde: ciencia dos materiais e enxeñería metalúrxica.

Departamento ó que está adscrita: Enxeñería dos Materiais, Mecánica Aplicada e Construcción.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en metalotecnia.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 11/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas e Marketing.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 12/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas e Marketing.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 13/1997.

Corpo ó que pertence a praza: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: organización de empresas.

Departamento ó que está adscrita: Organización de Empresas e Marketing.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en materias da área.

Clase de convocatoria: concurso.

-Número de prazas: 1.

Praza número: 14/1997.

Corpo ó que pertence a praza: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento á que corresponde: debuxo.

Departamento ó que está adscrita: Expresión Artística.

Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en arte e ordenador e análises audiovisuais.

Clase de convocatoria: concurso.

480