Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 1997 Páx. 1.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (49/1996).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo de faltas número 49/1996, por insultos e ameazas, nos que recaeu sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o oito de novembro de mil novecentos noventa e seis, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia: vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 49/1996, seguidos neste xulgado sobre insultos e ameazas, nos que son partes a denunciante, María Jesús Otero Viñas, nada en Santiago de Compostela, o día 2 de maio de 1962, filla de Daniel e Margarita, con domicilio nesta cidade, na rúa Xeneral Pardiñas número 40, sexto B, con DNI número 33.255.814; e a denunciada, Luisa Fernanda Limenz González, nada en Santiago de Compostela, o día 30 de maio de 1968, filla de Miguel e de Josefa, con domicilio en Oroso, Sigüeiro, praza do Concello número 4, ático A, e DNI número 43.683.886.

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Luisa Fernanda Limens González da falta de insultos e ameazas pola que foi denunciada, declarando de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado, perante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación a Luisa Fernanda Limens González, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o catorce de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria xudicial

Rubricado

526