Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 962

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-10-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 4-10-1996. De conformidade co disposto no artigo 90,2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que se

atopa nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de decembro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Afectará a todo o persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro que preste servicios na empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., sita nas Gándaras de Budiño e dedicada á actividade de elaboración de granito, coa exclusión daqueles incluídos no apartado C), punto 3 do artigo 1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Terá unha duración desde o 1 de xaneiro a 31 de decembro de 1996. A vixencia será a totalidade da súa duración.

Co fin de evitar baleiro normativo, denunciado o convenio e ata que non se logre acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata a sinatura do convenio que o substitúa.

Artigo 3º.-Procedemento de denuncia.

A denuncia que propoña a revisión do presente convenio deberase presentar para calquera das partes deliberantes cunha antelación mínima dun mes. Desta comunicación enviarase copia para efectos de rexistro, á Delegación Provincial da Consellería de Relacións Laborais.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das dúas representacións que tomaron parte na negociación do convenio. Unha e outra poderanse dotar de asesores.

Artigo 5º.-Axudas de custo.

As axudas de custo para o persoal obreiro quedan fixadas nas cantidades seguintes:

Axuda de custo completa: 2.575 ptas.

Media axuda de custo: 1.030 ptas.

Artigo 6º.-Retribucións salariais.

Esteblécese un incremento salarial do 3,95%, incremento que se recolle na táboa salarial do

anexo I, que servirá de base para a negociación do convenio de 1997.

Artigo 7º.-Antigüidade.

A antigüidade farase efectiva a base de calcula-los bienios a razón do 5% ata o tope máximo do 50% do salario de cada categoría. Este sistema permanecerá vixente ata que non se estableza o sistema de permanencia no sector, previsto no convenio xeral da construcción.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificación extraordinarias aboaranse sobre o salario pactado no convenio para cada categoría profesional, máis a antigüidade, se é o caso.

Estas serán as seguintes:

-Xullo, 30 días, que se pagarán o día 15 de xullo.

-Nadal, 30 días, que se pagarán o día 20 de decembro.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias adaptaranse á lexislación vixente e aboaranse de acordo coa táboa do anexo II desde a data da sinatura deste convenio.

Artigo 10º.-Plus de puntualidade e asistencia.

Establécese un plus de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito plus consistirá nunha cantidade mensual de 12.876 ptas. e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1ª Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador, no momento de comeza-la xornada laboral, non estea no seu posto de traballo e ata un máximo de 15 minutos.

2º No susposto anterior, o traballador perderá o 5% do plus de puntualidade e asistencia por cada un dos retrasos.

3º Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 15 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada laboral perdéndose o 10% do plus cada vez que se produza a dita falta.

4º A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 20% do plus.

5º As licencias establecidas no presente convenio e Estatuto dos traballadores non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte, sexa cal for o medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, na contía de 526 ptas. por día de traballo efectivo.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computarán para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, tanto a xornada partida como continuada e en cómputo anual realizarase 1.768 horas segundo o establecido no artigo 71 do convenio xeral da construcción.

No referente ós festivos non recuperables haberá que aterse ó establecido no convenio provincial de mármores e pedras.

Todo o persoal afectado polo presente convenio estará suxeito a quenda de mañá, tarde ou noite, tanto a xornada partida como continuada e permitirase a mobilidade dos postos dentro do centro de traballo.

Para as máquinas que requiren traballo continuado establecerase o número de quendas necesarias para cubri-los sete días da semana.

Desde o 1 de xullo ó 1 de setembro establecerase xornada continuada para o persoal técnico e administrativo garantíndose mediante quendas a xornada partida cada un dos servicios administrativos da empresa.

Artigo 13º.-Cambio de xornada e quenda.

A empresa poderá, cando así o xustifiquen as necesidades de producción, asignar temporalmente a calquera traballador a un posto de traballo distinto ó que vén desempeñando habitualmente, independentemente da xornada e quenda de traballo que o dito posto teña establecido, adaptándose ás xornadas e quendas que rexan na sección de destino. Estas asignacións serán rotativas tendo para cada traballador unha duración máxima de dous meses. Destas asignacións informarase ó comité de empresa.

Artigo 14º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais retribuídas será de trinta días naturais, calculadas a salario base do convenio máis plus de asistencia e complemento de antigüidade, se é o caso.

Aboarase o importe das vacacións o día anterior laborable ó seu desfrute.

Artigo 15º.-Licencias.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito ás licencias establecidas no Estatuto dos traballadores, en canto sexan máis favorables para o traballador cás que aquí se establecen:

a) Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día natural.

Se se produce fóra da provincia: 2 días. naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe (ou compañeiro/a, se é o caso), pais ou fillos: 6 días naturais.

Fóra da provincia:7 días naturais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Parto de esposa (ou compañeira, se é o caso): 6 días naturais.

f) Morte de cónxuxe (ou compañeira, se é o caso): 4 días naturais.

g) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos: 2 días naturais.

h) Morte de irmáns políticos ou tíos: 1 día natural.

i) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais.

Fóra da provincia: 5 días naturais.

En tódolos casos será con notificación á empresa e xustificación fidedigna.

Artigo 16º.-Roupas de traballo.

A empresa facilitará roupas de traballo ó persoal segundo se especifica para cada caso.

Pezas

de roupa

CantidadeParque de

bloques e

teares

MantementoResto

persoal

Fundas ou traxes14 meses4 meses6 meses

Camisa remeira112 meses12 meses12 meses

Botas16 meses6 meses6 meses

Artigo 17º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar do Centro de Seguridade e Hixiene de Pontevedra (Rande), ou dunha mutua patronal, un recoñecemento anual para os traballadores que presten os seus servicios nela, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose.

Artigo 18º.-Baixa hospitalaria.

En caso de baixa hospitalaria, a empresa complementará ós traballadores afectados a prestación económica por ILT que, por enfermidade común ou accidental non laboral, aboa a Seguridade Social, ata chegar ó 100% da base de cotización, segundo detalle:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario

b) No caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliarase a trinta (30) días máis.

c) Por ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de noventa (90) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

Artigo 19º.-ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

En caso de ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará a prestación económica que aboará a Seguridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó 100% da base de cotización, a partir do 20 días e ata un máximo de 120 días.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará unha póliza colectiva de accidentes de traballo para o seu persoal. A dita póliza garantirá como mínimo unha indemnización de:

-Caso de morte: 4.500.000 ptas.

-Invalidez total para traballo habitual: 4.500.000 ptas.

-Invalidez absoluta: 4.500.000 ptas.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Artigo 21º.-Lexislación aplicable.

En todo o non previsto neste convenio rexerase polo disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción e demais normas xerais de aplicación.

Artigo 22º.-Partes asinantes.

O presente convenio é asinado por José Luis Heitzmann Hernández, en representación da empresa e en representación dos traballadores do comité de empresa, formado por:

Manuel Pérez Ferreira

Antonio Costas Iglesias

José A. Araujo Collazo

Clásusula adicional

Os atrasos acumulados desde o 1-1-1996 ata o 30 de setembro de 1996 aboaranse no mes de outubro.

O Porriño, 4 de outubro de 1996.

Táboa salarial ano 1996

Salario

día

Salario

mes

Técnicos medios
Arquitectos e enxeñeiros técnicos173.714
Profesores mercantís e graduados sociais173.714
Mestres industriais e ATS158.021

Administrativos
Xefe de 1ª173.714
Xefe de 2ª150.798
Oficial de 1ª128.293
Oficial de 2ª116.312
Auxiliar93.671
Aspirante59.193

Técnicos non titulados
A) Persoal técnico non titulado
Delineante superior150.798
Delineante de 1ª128.293
Delineante de 2ª116.312
Calcador93.671
B) Persoal técnico de organización
Tec. de organización de 1ª128.293
Tec. de organización de 2ª116.312
Auxiliar de organización93.671
C) Persoal técnico de fabricación
Encargado xeral170.018
Encargado de sección150.798
Contramestre133.059
Inspector de control118.275

Subalternos
Ordenanza103.851
Porteiro103.851

Salario

día

Salario

mes

Almaceneiro103.851
Garda xurado103.851
Muller limpeza2.532

Operarios
Xefe de equipo4.201
Oficial de 1ª4.054
Oficial de 2ª3.899
Oficial de 3ª3.747
Especialista3.558
Peón2.532
Aprendiz ou pinche 161.772
Aprendiz ou pinche 171.772

Horas extras ano 1996

NormalFestivo

Técnicos medios
Mestres industriais e ATS1.3741.450

Administrativos
Xefe de 1ª1.4371.515
Xefe de 2ª1.2971.374
Oficial de 1ª1.2001.278
Oficial de 2ª1.1241.200
Auxiliar1.0601.137
Aspirante614670

Técnicos non titulados
A) Persoal técnico non titulado
Delineante superior1.2971.374
Delineante de 1ª1.2001.278
Delineante de 2ª1.1241.200
Calcador1.0601.137
B) Persoal técnico de organización
Tec. de organización de 1ª1.2001.278
Tec. de organización de 2ª1.1241.200
Auxiliar de organización1.0601.137
C) Persoal técnico de fabricación
Encargado de sección1.2981.375
Contramestre1.1751.252
Inspector de control1.1121.189

Subalternos
Ordenanza1.0801.157
Porteiro1.0801.157
Almaceneiro1.0801.157
Garda xurado1.0801.157
Muller limpeza766894

Operarios
Xefe de equipo1.1451.220
Oficial de 1ª1.1321.210
Oficial de 2ª1.1121.190
Oficial de 3ª1.0921.169
Especialista1.0861.163
Peón1.0801.156
Aprendiz ou pinche 16576633
Aprendiz ou pinche 17601658

484