Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 1997 Páx. 965

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0009080/96, interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega).

Recibida providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó

recurso 03/0009080/96, interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia contra Decreto 313/1996, do 18 de xuño de 1996 (DOG nº 148, do 30 de xullo), polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación forzosa pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens necesarios para as obras do proxecto Castroverde, EP travesía de Castroverde.

Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se lles empraza, para que poidan comparecer como parte en autos na sección terceira da referida, sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

485