Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 917

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (128/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido. Fai saber, que nos autos de xuízo executivo, seguidos co número 128/1996, dictouse sentencia con data

20 de setembro de 1996, co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos, por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co número 128 de 1996, entre partes, dunha como demandante, a entidade Banco Central Hispanoamericano, domiciliada en Madrid, representada en autos polo procurador García-Piccoli Atanes, asistida da letrada Rodríguez Arroyo, e doutra como demandados, José Ramón Liñayo Leboráns e María Elena Porto García, veciños desta cidade, con domicilio na rúa Santiago de Chile e Romero Donallo, edificio Queixume, portal 1, piso 7-C, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido, que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra José Ramón Liñayo Leboráns e María Elena Porto García, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante, a entidade Banco Central Hispanoamericano S.A. da suma principal de 1.239.890 pesetas, consignadas pola parte executada, gastos, xuros pactados e legais, e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte que debe, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; facéndolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que así lles sirva de notificación ós demandados rebeldes, José Ramón Liñayo Leboráns e María Elena Porto García, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o cinco de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

245