Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 917

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (501/1996-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, rexistrado co número 501/1996, que se segue neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros Municipal de Vigo, representada pola procuradora Losada Gómez, contra Francisco Martínez Rivadas e Consuelo Rocha Romero, por medio da presente cédula requírese ós antes mencionados, con domicilio descoñecido, para que dentro do prazo de dez días, computado a partir do seguinte á inserción desta resolución, lle aboe á entidade demandante o total da cantidade reclamada e que ascende a 4.186.808 pesetas.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, libro a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

9365