Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 916

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (280/1993).

Eu, Manuela González Fernández, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de declarativo menor contía número 280/1993, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón o 2 de setembro de 1996. Vistos por María Dolores Vilar Hortas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de declarativo menor contía seguidos neste xulgado co número 280/1993, nos que son parte, como demandante, José Seage Verde, representado polo procurador Antonio Cuns Núñez e asistido pola letrada Otilia Sánchez Garrido, e como demandados, Ramón Lens Fontela, Maximino Lens Fontela, Manuel Lens Fontela, José Rodríguez Lens e outros, en paradoiro descoñecido.

Decisión, tendo por conformes coa demanda a Dolores Verde Rodríguez e Obdulia Verde Rodríguez, sen facer especial pronunciamento das custas causadas neste procedemento, e estimando a demanda interposta por José Seage Verde contra Ramón, Máximo e Manuel Lens Fontela e José Rodríguez Lens, debo condena-los catro demandados non conformes a estaren e pasaren pola división, partición e adxudicación da cousa común, composta polos 3 predios referidos na demanda, que se realizará en execución de sentencia polos trámites do xuízo de testamentaría, así como condeno expresamente os catro codemandados non conformes a aboa-las 4/6 partes das custas causadas neste procedemento. Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días».

E para a súa publicidade e que lles sirva de notificación ós demandados non comparecidos Ramón Lens Fontela, Maximino Lens Fontela, Manuel Lens Fontela e José Rodríguez Lens, expido o presente edicto en Padrón o tres de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

282