Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 916

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (366/1996-01).

Por acordalo así a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta vila e o seu partido en resolución desta data, dictada nos autos que máis arriba se deixan expresados, promovidos por Andrés Pais Domínguez e, no seu nome e representación, o procurador Carlos Cambón Penedo, contra M. Núñez, S.A., Ángel Pensado Mourelle e Cía. de Seguros AEGON, sobre reclamación de cantidade, polo presente edicto cítase a Ángel Pensado Mourelle, con DNI/CIF 76.283.445, do que se descoñece o seu actual paradoiro, co fin de que o día dezaoito de abril do presente ano, ás dez horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir á celebración do oportuno xuízo verbal, coa prevención de que seguirá o xuízo na súa rebeldía se non comparecese.

E para que conste e sexa publicado no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, co fin de que lle sirva de citación en forma ó demandado Ángel Pensado Mourelle, actualmente en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en Carballo o sete de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A xuíza

Rubricado

A secretario

Rubricado

281