Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 916

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (229/1996).

Eu, Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fago saber que neste xulgado e co número 229/1996, se segue expediente promovido pola procuradora Teresa Pernas Grobas en nome e representación de María Varela Ferreiro, maior de idade e con domicilio na Coruña, Residencia O Birloque, portal 1-3º B, sobre declaración de falecemento de Tomasa Saturnina Carreira Penas, nacida o día 4 de xuño de 1887 en Folladela-Melide, que tivo o seu último domicilio coñecido na citada parroquia de Melide. Que se teñen noticias do seu falecemento na cidade de Miami nos Estados Unidos de América no ano 1971.

O que se publica para os efectos dispostos no artigo 2.038 da lei de axuizamento civil, e procédese á súa publicación por dúas veces consecutivas e cun intervalo de quince días, para que calquera persoa que o considere oportuno poida comparecer neste xulgado e ser oída sobre o mencionado expediente.

En Arzúa o vintesete de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

278