Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 917

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (521/1993).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo executivo número 521 de 1993, notifícaselle á entidade demandada Retema, S.L. a sentencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Ins

trucción número un desta cidade e partido, os autos de xuízo executivo seguidos co número 521 de 1992, entre partes, dunha, como demandante, a Caixa de Aforros de Galicia, domiciliada na Coruña e representada polo procurador Jesús Raposo Quintás, baixo a dirección do letrado Rafael Pardo Pedernera; doutra, como demandados, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, a compañía Retema, S.L., Luis Ángel Pousa Estévez e a súa esposa María del Carmen Olveira Pérez e Carmen Estévez González, todos veciños de Santiago de Compostela, sobre reclamación por contrato mercantil de póliza de préstamo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso, contra a compañía Retema, S.L., Luis Ángel Pousa Estévez, María del Carmen Olveira Pérez e Carmen Estévez González, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Caixa de Aforros de Galicia, da suma principal de 5.221.063 pesetas, mailos gastos, xuros pactados e legais establecidos, así como as custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lles impoñen ós demandados, ós que lles será notificada esta sentencia na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; e fáiselles saber ás partes que esta resolución non é firme e cabe recurso de apelación dentro de cinco días dentro do mesmo prazo e para ante a Audiencia Provincial.

Lévese certificación ó xuízo principal e incorpóreselle esta sentencia orixinal ó cartafol correspondente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de citación á entidade demandada Retema, S.L., declarada en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o trinta de decembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7182