Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 908

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1997 pola que se convocan 5 prazas para os Centros de Innovación e Servicios (CIS) de Ferrol.

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca probas de selección para cubri-las seguintes prazas de persoal laboral fixo:

a) 1 técnico en CAD e prototipado.

b) 1 técnico de formación.

c) 1 técnico de multimedia.

d) 1 técnico laboratorio de autómatas.

e) 1 técnico laboratorio de redes.

As retribucións de cada unha das prazas ofertadas podera ser de ata 3.663.400 ptas. brutas anuais, dependendo da formación e experiencia aportadas.

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida para cada unha das prazas convocadas (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Condicións específicas das prazas:

A) Técnico en cad e prototipado:

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Titulación superior en enxeñería, enxeñeiro técnico industrial ou licenciado en informática, físicas ou matemáticas.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

Deseño en 3D, informática a nivel usuario, inglés medio, capacidade de manexo de ferramentas industriais.

Valorarase:

A experiencia demostrada no deseño en 3D e os coñecementos de UNIX e redes.

B) Técnico de formación:

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Titulación universitaria.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

Coñecementos de tecido empresarial galego e da estructura de centros universitarios e de estudios de postgrado en Galicia; manexo de bases de datos sobre soporte ACCESS e integración de procesos sobre contorno Windows NT; coñecemento e manexo de fontes de información e directorios (tanto en soporte papel como electrónico) de empresas e centros de formación, tanto no ámbito galego como estatal; capacidade de manexo, estructuración e selección da información; coñecementos en avaliación e medición de resultados de actividades: deseño de cuestionarios, procesado e tabulación estatística de resultados.

Valorarase:

A capacidade de integración en grupos de traballo.

C) Técnico de multimedia:

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Titulación técnica ou superior da rama informática.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

Captura, dixitalización, compresión (MPEG, JPEG, por compoñentes, compostos e SVHS) e edición de video; dixitalización e edición de audio; integración e programación multimedia; grabación de CD's (CD-Vídeo, CD-Audio, CD-ROM); administración de redes, Windows NT; cableado estructurado, fibra óptica, telefonía.

Valoraranse:

Coñecementos de inglés e capacidade de integración en grupos de traballo.

D) Técnico laboratorio de autómatas.

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Titulación superior en enxeñería industrial, especialidade eléctrica e/ou automática.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

Programación de PLC's, especialmente SIMATIC S5; regulación; comunicación entre PLC's e conexións e outras redes; sistemas de supervisión e monitorización.

Valoraranse:

Coñecementos e experiencia en xestión de proxectos e impartición de formación; coñecementos de inglés e alemán.

E) Técnico laboratorio de redes:

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Titulación media ou superior en inxeniería de telecomunicacións ou titulado superior de área telemática.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

ATM, FDDI, Ethernet, Token Ring; administración de redes, Windows NT; administración e configuración de Touters, enlaces WAN, concentradores, switches y bridges; cableado estructurado, fibra óptica, telefonía.

Valoraranse:

Coñecementos de inglés e capacidade de integración en grupos de traballo.

Documentación a presentar:

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación esixida, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. Acreditarase a experiencia con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

-Currículum vitae demostrable.

Lugar e prazo de presentación:

-As solicitudes presentaranse en calquera das oficinas do Igape.

-O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

Proceso de selección:

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas ofertadas publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 5 días hábiles para, por petición do interesado, reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidados provistos do DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios do Igape.

2. As probas de selección consistirán nunha proba teórico-práctica e entrevista persoal.

a) Proba teórico-práctica. Versará sobre os coñecementos e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada unha das prazas, a que terá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica poderá realizarse nunha ou dúas fases, segundo o criterio do comité de selección; neste último caso, soamente pasarán á entrevista persoal aqueles candidatos que superasen as dúas fases da proba. Unha vez corrixida a proba teórico-práctica, o comité de selección de cada unha das prazas ofertadas publicará no taboleiro de anuncios do Igape, a lista de aprobados e suspensos, e incluirá o lugar e data en que se realizarán as entrevistas persoais.

b) Entrevista persoal. Avaliaranse os coñecementos do candidato, ademais da súa adecuación ó posto de traballo.

3. Unha vez finalizado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará a lista do persoal seleccionado, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán achegar para formaliza-los contratos.

En Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

INSTANCIA

Primeiro apelidoSegundo apelido

NomeDNI

Enderezo

LocalidadeProvinciaCód. postal

TeléfonoData de nacemento

LocalidadeProvincia

Nacionalidade

Praza á que opta

Declaración xurada:

O abaixo asinante declara baixo xuramento non padecer enfermidade ou defecto físico que lle impida desempeña-las funcións correspondentes ó posto de traballo da praza á que opta, así como non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

En Santiago de Compostela, dede 1997.

Asdo.:

352