Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 1997 Páx. 909

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación de puntuacións do cuarto exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso nas categorías do grupo de xestión da función administrativa, traballador social e fisioterapeuta de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, de 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), e adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes no

cuarto exercicio da fase de oposición, de conformidade co disposto no apartado 12 da base sexta A) da citada convocatoria, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de expoñe-las listas correspondentes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste, facultándose para isto expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das devanditas categorías relativas ó cuarto exercicio da fase de oposición, tendo en conta que, de conformidade coa citada convocatoria, tódolos presentados a este último exercicio teñen a condición de aptos.

Non obstante, de presentarse algunha solicitude de comprobación ou revisión da puntuación outorgada, a estimación ou desestimación, se é o caso, destas entenderase implícita na resolución que publique a conclusión da fase de oposición.

Segundo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1997.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral de Recursos Humanos

463