Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 876

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (156/1995).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue menor contía número 156/1995 entre as partes que se dirán, nos autos que recaeu a sentencia con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1996, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de menor contía número 156/1995 promovidos por instancia de Mª Manuela Rodríguez Vilar e, na súa representación, a procuradora dos tribunais Goimil Martínez contra José Manuel Rodríguez González e Ángel Alberto Fernández Iglesias ámbolos dous en situación procesual de rebeldía.

Decido que, considerando integramente a demanda deducida pola procuradora Goimil Martínez en nome e representación de Mª Manuela Rodríguez Vilar, contra José Manuel Rodríguez González e Ángel Alberto Fernández Iglesias, debo condenar e condeno os devanditos demandados a que lle aboen á demandante a suma de 1.136.290 ptas. mailos xuros legais e custas.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Así, por esta miña demanda, pronúncioo, mándoo e asínoo. Publicación».

E para que así conste e lles sirva de notificación en legal forma ós demandados rebeldes, José Manuel Rodríguez González e Ángel Alberto Fernández Igle

sias, actualmente en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1996.

O secretario

Rubricado

244