Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 877

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (203/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber, que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo póliza de préstamo número 203/1996, seguidos por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, represesentada polo procurador Jesús Raposo Quintas, contra Jesús Martínez García, Isabel Bello Castro e Florentina Castro Montero, dos que se ignora o domicilio, sobre reclamación de cantidade. E nos seus autos dictouse sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e catro, vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, os presentes autos de executivo póliza de préstamo número 203/1993, seguidos por instancia de Caixa de Aforros de Galicia con DNI/CIF G-15 028 947, domiciliada en rúa Nova, 30 (A Coruña), representada polo procurador Jesús Raposo Quintas, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidades.

Seguen antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Jesús Raposo Quintas, en representación de Caixa de Aforros de Galicia, debo mandar e mando seguir adiante a execución dos bens embargados ós demandados Jesús Martínez García, Isabel Bello Castro e Florentina Castro Montero, ata facer remate destes e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó demandante da suma de 1.247.347 ptas., por principal debido á executante como capital e xuros devengados pola referida póliza, mailo xuro pactado desde a data da certificación do axente de comercio e ata que se fixese efectivo pagamento do principal, e condeno así mesmo a dita parte demandada ó pagamento das custas causadas e que se causen ata a súa total e completa liquidación, as cales foron presupostadas en 750.000 pesetas.

Lévese testemuño desta sentencia ós autos dos que dimana e notifíqueselle ó demandado rebelde na forma ordinaria, de non solicita-la demandante a notificación persoal no termo de tres días, e fáiselles

saber ás partes que contra esta resolución se poderá interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña no termo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que lle sirva de notificación en forma á parte demandada Jesús Martínez García, Isabel Bello Castro e Florentina Castro Montero, esténdese o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de outubro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

285