Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 877

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (191/1995).

Por telo así acordado o maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 191/1995, no que consta como demandante Carmen Torres Devesa, representada polo procurador Antonio Cuns Núñez, contra Manuel Torres Devesa, María Torres Devesa, Jesús Torres Devesa, Cesáreo Torres Devesa, Carmen Torres Tejo e Mercedes Tejo Seijo, pola presente cédula chámase a Ana María Torres Ferreiro, con domicilio descoñecido, como sucesora de Manuel Torres Devesa, facéndolle saber que o presente procedemento se encontra en fase de conclusións.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1996.

A secretaria

Rubricado

9519