Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 1997 Páx. 877

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (196/1996-3).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 196/1996-3, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 196/1996-3, no que actuaron como demandante Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador dos tribunais Ricardo García Piccoli Atanes e asistido polo letrado Francisco A. Rodríguez Gigirey Pérez, e como demandado José Manuel Bello Rey e Mª Josefa

Rodríguez Varela, declarados rebeldes nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens dos demandados solidariamente ata facer trance e remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade actora da cantidade de 1.215.252 ptas. de principal e xuros, máis xuros moratorios pactados, máis as custas que se impoñen expresamente e gastos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 600.000 ptas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así por esta sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación ós demandados rebeldes José Manuel Bello Rey e Mª Josefa Rodríguez Varela, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

187