Por medio da presente cédula e en virtude do acordado polo xulgado nos autos de xustiza gratuíta número 18/1996, promovidos por Mónica Fernández García, contra Miguel Vaamonde Vila, cítase a Vde. para que o vindeiro día 10 de febreiro, ás 10.30 horas da mañá, compareza perante este xulgado, sito no Palacio de Xustiza, rúa de Viena número 1, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do xuízo, baixo apercibimento de que, non comparecido será declarado en rebeldía.
E para que sirva de cédula de citación emito e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinte de decembro de mil novecentos noventa e seis.
Francisco Castiñeiras Fernández
Secretario do Xulgado
117